Obxectivos

Blog relacionado coa arte gastronómica dunha asociación creada para o lecer dos seus membros e de todos aqueles que
disfruten do bon comer e do bon beber.

jueves, 13 de septiembre de 2012

Caldeirada de Peixe Sapo....

O día 01 de Setembro preparamos e degustamos o Rape (Peixe Sapo) en caldeirada. Hai moitas formas de cociñar este fabuloso e feo peixe, lembro unha que me sorprendeu polo fácil que era a súa elaboración e o exquisito sabor que tiña: "Rape enteiro con pel a parrilla con cachelos; logo podíase regar con unha emulsión de aceite de oliva quente con améndoas e unha guindilla". Deixaremos esta receita para vindeiras ocasións e sen desmerecela preparación que fixemos coa fabulosa caldeirada da que fixemos un cumprido homenaxe.