Obxectivos

Blog relacionado coa arte gastronómica dunha asociación creada para o lecer dos seus membros e de todos aqueles que
disfruten do bon comer e do bon beber.

sábado, 17 de agosto de 2013

Bonito en salsa....

Como soe ser habitual xa dende fai anos, a mediados do mes de Agosto, soemos facer unha bonitada acompañada de todos os amigos que se queiran sumar a tan exquisito manxar.

Entre o Larpeiro Puga e máis o seu amigo Paco, son os encargados de deleitarnos cada ano dun xeito totalmente desinteresado das mellores pezas deste preciado peixe.

A súa preparación cada ano vai mellorando (a xuizo dos comensais). Acompañamos este prato duns cachelos cocidos os que decoramos coa salsiña de tomates, pementos, cebolas e cariño (que é o máis importante).