Meus queridos Larpeiros de Laias: Lembrade que o sábado 3 de decembro, temos saída cultural ó Grove para afondar na cultura gastronómica das Rías Baixas. Degustaremos a moi preciada carne de crustáceo decápodo mariño, braquiuro, de caparazón case redondo cuberto de pelos e tubérculos ganchudos, e con cinco pares de patas longas e peludas que vive entre pedras. Maiormente coñécese co nome de Centolo. Tamén disporemos de peixe e/ou bitela ó gusto. Nesta ocasión iremos acompañados das nosas Donas ou de quen os Larpeiros decidan. Agardamos novas do Larpeiro Puga referentes o nome do restaurante, prezo estimado por comensal, posibles peixes a comer...
Obxectivos
Blog relacionado coa arte gastronómica dunha asociación creada para o lecer dos seus membros e de todos aqueles que
disfruten do bon comer e do bon beber.
disfruten do bon comer e do bon beber.
martes, 15 de noviembre de 2011
miércoles, 2 de noviembre de 2011
Impresionante menú o que o grupo vogal nos vai preparar para o día 5 de novembro. Auténtica cultura gastronómica do ribeiro laiense. Se non lede:
Comercio 1:
Larpeiro Secretario
- Croques das rías galegas ao vapor picante
- Orella de porco celta salpimentada
- Bacallau de Muros ao forno desalgado nas augas das rochas da Fontiña Quente de Laias guarnicionado con produtos da horta da Pura de Laias.
- Tetilla de Arzúa
- Marmelo de Carballeda de Abaixo (Laias)
- Viño branco e tinto da ilustre adega Miguel Anxo (Denominación de Orixen Laias)
- Augas da zona da Lama (D. O. Laias)
- Choupiños da Ribeira do Val (D. O. Laias)
* Comercio: comida ou prato
** Bebercio: bebidas ou brebaxes
Suscribirse a:
Entradas (Atom)