Meus queridos Larpeiros de Laias: Lembrade que o sábado 3 de decembro, temos saída cultural ó Grove para afondar na cultura gastronómica das Rías Baixas. Degustaremos a moi preciada carne de crustáceo decápodo mariño, braquiuro, de caparazón case redondo cuberto de pelos e tubérculos ganchudos, e con cinco pares de patas longas e peludas que vive entre pedras. Maiormente coñécese co nome de Centolo. Tamén disporemos de peixe e/ou bitela ó gusto. Nesta ocasión iremos acompañados das nosas Donas ou de quen os Larpeiros decidan. Agardamos novas do Larpeiro Puga referentes o nome do restaurante, prezo estimado por comensal, posibles peixes a comer...
1 comentario:
Pois o Larpeiro Puga xa enviou os posible menús.
Menú 1:
ENTRANTES
Centola da Ría
PRINCIPAL
Chuletón de boi a pedra ou Rodaballo ó albariño
Menú 2:
ENTRANTES
Centola da Ría
PRINCIPAL
Solomillo de boi ou Merluza a la Gallega
POSTRE
SURTIDO DE POSTRES
CAFÉS e LICORES
BODEGA
BLANCO: D.O. Rias Baixas Albariño
TINTO: D.O. Rioja
PRECIO POR PERSOA: 10.00 Euros
Sobran comentarios e simplemente felicitar ó Larperio Puga pola súa xestión.
Publicar un comentario