Obxectivos

Blog relacionado coa arte gastronómica dunha asociación creada para o lecer dos seus membros e de todos aqueles que
disfruten do bon comer e do bon beber.

domingo, 16 de diciembre de 2012

Festa Centolo no Grove

No mes de decembro, como soe ser habitual nos meses de R, estupendos para o marisco; degustamos en compañía das nosas donas dunha estupenda velada na que poidemos saborear ó Rei da festa do Grove: "A Centola".

martes, 6 de noviembre de 2012

Mariscos variados con pescada de Celeiro...

O sábado 3 de Novembro, tivemos a oportunidade de degustar uns mariscos da ría feitos a prancha, acompañados dunhas pescadas de Celeiro a galega; todo elo regado con viños brancos e tintos da terra (xentileza do Vocal Boveda) e de sobremesa acompañamolo con castañas e unha torta exquisita que eu nunca probara tamén feita de castañas.

domingo, 14 de octubre de 2012

Chuletons de cachena da terra...

O 6 de Outubro do presente mes, os larpeiros fixemos unha degustación destes fermosos chuletons, ainda que algúns por razóns de índole personal non poideramos asistir a catar tan exquisito manxar.

jueves, 13 de septiembre de 2012

Caldeirada de Peixe Sapo....

O día 01 de Setembro preparamos e degustamos o Rape (Peixe Sapo) en caldeirada. Hai moitas formas de cociñar este fabuloso e feo peixe, lembro unha que me sorprendeu polo fácil que era a súa elaboración e o exquisito sabor que tiña: "Rape enteiro con pel a parrilla con cachelos; logo podíase regar con unha emulsión de aceite de oliva quente con améndoas e unha guindilla". Deixaremos esta receita para vindeiras ocasións e sen desmerecela preparación que fixemos coa fabulosa caldeirada da que fixemos un cumprido homenaxe.

miércoles, 22 de agosto de 2012

Festa do Polvo no Carballiño...

O domingo 12 de Agosto, uns cuantos Larpeiros asistimos acompañados das nosas Donas a 50 Festa do Polvo do Carballiño, povo do que é o presente Larpeiro, e donde din tamén que é o MELLOR SITIO DO MUNDO DONDE PREPARAN O POLVO A FEIRA...

lunes, 16 de julio de 2012

Cabrito e cordeiro as brasas...

Observade a delicia de colorido e aspecto do carruxo&cordeiro que degustamos o sábado 7 do mes de Xullo.

Estivemos acompañados como é costume, dun grupo de seguidores e amigos cos que votamos unhas risas e apreciamos o bon sabor destes productos da nosa terra.

lunes, 4 de junio de 2012

Congrio guisado...

Este sábado 2 de Xuño, xuntámonos para degustar congrio guisado con guisantes. Acompañámolo duns ovos recheos, e como sobremesa, mirade que boa pinta tiñan estas picotas....

jueves, 3 de mayo de 2012

Semana Grande da Lamprea en Arbo

O sábado 5 de Maio, os Larpeiros faremos unha saída para acercarnos ata o núcleo donde máis arraigada está a tradición da pesca e preparación deste ancestral peixe do noso Miño: "Arbo".

Os que teñan interés en tal evento, poden visitalo enlace seguinte:

Festa da Lamprea

martes, 20 de marzo de 2012

Estofado de Corzo


O venres día 6 de Abril do presente, celebraremos o final da Coaresma degustando estofado de corzo galaico dos montes do Irixo e arredores.
Para saber máis desta especie, podemos consultar no seguinte enlace: O Corzo en Galicia

Esta documentación foi aportada polo Larpeiro Secretario.

miércoles, 7 de marzo de 2012

viernes, 17 de febrero de 2012

Degustación do Petromyzon marinus – Lampetra fluviatilis

O Sábado día 3 de Marzo, quedamos para saborear este exquisito peixe pescado nas augas do noso Miño.
Degustarémolo preparado no seu sangue e con arroz, popularmente a receita coñécese co nome de "Lamprea a bordelesa".

A pinta do animaliño non lle fai xustiza o seu sabor.

Para máis información da preparación, hábitat, e costumes deste fabuloso peixe, pode visitar o seguinte enlace: A Lamprea

jueves, 12 de enero de 2012

Xantar - Salón Galego de Gastronomía e Turismo

Pois o Vogal 4 (Anxo), propón con bon criterio a asistencia as xornadas gastronómicas que se celebrarán en Ourense do 1 ó 5 de Febreiro do 2012.

Coido que é unha idea excelente e como a razón da nosa sociedade está directamente ligada tamén a este tipo de eventos, sería unha boa oportunidade para aprender e coñecer a riqueza culinaria que nos poidan ofrecer este tipo de eventos.

Enlace ó Evento do Xantar 2012 en Ourense

lunes, 2 de enero de 2012

Pois Feliz Ano 2012 a todos

Bueno, pois como reza no título, esperemos que este Novo Ano 2012 nos depare como mínimo saúde para disfrutar das nosas larpeiradas, cartos para poder mercalas, e amor para compartir con todos.

SAUDOS: Larpeiro Paco